domingo, 2 de septiembre de 2012

Vaia susto!

                                                                                                                                                                   Magoro, curso 2011-12,1º de ESO

Un día normal -ou iso é o que el cría-, Xián levantouse, almorzou e foi ao colexio. Tiveron clases de naturais e falaron de razas de cans. Xusto despois tiñan inglés e leron contos de medo xa que faltaban poucos días para o Samaín. Logo, no recreo, empezaron a ulir un tufo que apestaba a varios quilómetros e de súpeto un berro afogado rompeu o silencio. Proviña da cafetería. Unha suor fría percorría cada recuncho da súa espalda. Afastándose do grupo, dirixiuse cara alí, pero foi en balde. Cando entrou, decatouse de que a xente tiña a cara branca coma o xeso, todo estaba revolto e en silencio pero de repente un segundo berro soou no corredor. Xián foi correndo aínda que o único que conseguiu ver foi unha fugaz aparición. Tremendamente intrigado seguiu correndo tras dela pensando que unha pantasma percorría o colexio, pero cando a acadou decatouse de que só era un pobre chihuahua enredado nunha saba branca e enchoupado cun líquido pegañento que cheiraba moito. Vaia susto!

                                                                                      Magoro, curso 2011-12, 1º de ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario