martes, 16 de octubre de 2012

Penudo 2012-2013

                                                                                                      
Bases                                             

  • Trátase dun xogo totalmente voluntario.                           PENUDO
  • Que hai na lata?
    Poden participar todos os alumnos do grupo.
  • Consiste en pescudar o que hai dentro dunha lata.
  • O premio é un punto a sumar á cualificación da 1ª avaliación. Se o participante tivese un 10 poderá sumalo na 2ª avaliación.
  • O punto darase ao 1º acertante do contido. Se no mesmo día houbese máis dun, repartirase a partes iguais.
  • De non haber acertantes antes, o xogo rematará coa derradeira clase de Lingua Galega anterior á 1ª avaliación.
  • Cada semana, a profesora proporcionará unha pista.
  • O concursante, partindo dunha hipótese argumentada, poderá formular só unha pregunta semanal.
  • A profesora contestará “Si” ou “Non
  • Todo se fará por escrito e en correcto galego.
  • Se alguén cre ter a resposta deberá afirmalo seguindo a fórmula: “ Afirmo que a lata ten...”
  • Se nunha semana fixemos pregunta, non podemos facer afirmación. Teremos que agardar á semana seguinte.
  • Se a afirmación é correcta, sumamos un punto. Se é incorrecta, temos que abandonar o xogo a menos que sexamos o único participante que queda. Nese caso podemos continuar até esgotar o prazo.
  • Quedará fóra do xogo calquera que interfira no seu bo discorrer.
  • Cando remate, faremos todos os comentarios, suxestións e preguntas que consideremos oportunas (podemos ir anotando para logo acordarnos).
  • Pode haber outros premios (absterse de preguntar).

jueves, 11 de octubre de 2012

Outonía

                                                                                                              Gallara 2012
Piratas
en procesión pendurados proclaman
que non existe a morte que non pode
existir
mentres á sombra do teu corpo nace
a tea da outonía
e ouriolos que din coñecer
o futuro
aniñan na árbore que ignora a fin das cousas.
                      Xosé Carlos Caneiro
                             Camiños de amor e lúa