jueves, 20 de diciembre de 2012

jueves, 13 de diciembre de 2012

Penudando. Pista nº 6

Última oportunidade. Aínda o podes conseguir.
Que hai na lata?
No Caribe tivo moitos usuarios.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Penudando. Pista nº 5

Esta é definitiva. Xa te estás queimando.
Que hai na lata?
    Oculta o que non ve.

viernes, 7 de diciembre de 2012

Penudando. 1º gañador



Seguimos xogando porque só temos gañador nun dos grupos. O luns día 10, haberá nova pista.

domingo, 2 de diciembre de 2012

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Penudando. Pista nº 3

Que hai  na lata?
Aquí está a terceira. É unha das súper.
A palabra que o denomina, é polisémica.

lunes, 19 de noviembre de 2012

jueves, 15 de noviembre de 2012

Penudando. Pista nº1


Velaí tes a primeira pista. Anímate e xoga. 
Que hai na lata?

   A lata contén un número impar de unidades.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Que sabes do Prestige?


 
Seguro que estes días oes falar moito do Prestige. Os "maiores" contamos que foi unha traxedia que aconteceu hai 10 anos. Un barco que pasaba fronte ás nosas costas, por razóns que agardamos se aclaren agora nun xuízo, tinxiunas de negro, e a nós deixounos co corazón cheo de tristura.

martes, 6 de noviembre de 2012

En Samaín

Anónimo presidente
(Da nosa correspondente en 1º C da ESO, Laura Villamisar)

Este ano unha abrainate noticia deixou xeada a poboación galega.
No telexornal anunciaron que se acababan de atopar as caliveras dalgúns famosos piratas, reunidas nun dos máis antigos institutos da cidade da Coruña. Non trancendeu á prensa o motivo de tal reunión aínda que se barralla a posibilidade de que nela se tratasen as novas artes da piratería.
Para sorpresa de todos, ante a presenza dos periodistas, puxéronse a falar como se de vivos se tratase, e aproveitando tal feito fixenlles unha pequena entrevista a aqueles menos fuxidíos.
Barbavermella
-Bos días señor Barbavermella, como está vostede?
-Ben, despois de tantos anos enterrado vendo a luz do sol de novo, síntome moito mellor.
-Xa, compréndoo. Se non lle importa, gustaríame facerlle unhas preguntas sobre a súa vida de pirata.
-Vale, paréceme ben. Despois de todo, iso é o que en vida fun: un pirata.
-Iso de ser pirata era un traballo difícil ou doado?
-Dependendo do barco que abordaramos e de quén fose o seu capitán, a cousa podía ser máis ou menos complicada…
-Xa, e dígame, cal foi o tesouro máis grande que conseguiu?
-Oh! Atopei moitos tesouros, pero houbo un que me chamou moito a atención e aínda teño un vivo recordo do acontecido. Lembro que era unha mañá calurosa, a máis calurosa daquel ano. Acabaramos de abordar un barco perto das illas Baleares e estabamos cavando para atopar o tesouro na illa marcada . Ya desesperados porque non o dabamos atopado de súpeto sentín que algo duro tocaba a miña pa, era un...
-Un qué?
-Non me acordo, quedoume a mente en branco.
-Ben, señor non me deixe así…vou estar por aquí. Se se acorda, dígamo. Non me estrague o artigo que me debo aos meus lectores.
Benito Soto
-Vale. Chao.
Así me deixou, coa palabra na boca e a intriga na cabeza. Aproveitei para falar con outros piratas, pero non crean que puiden conseguir moito máis.
- Don Benito Soto. Pirata galego de renome. Sentirase vostede orgulloso de representar a pirateria galega?
-Si, estou moi orgulloso
-Vostede tamén atopou tesouros moi valiosos, non é?
-Claro, por suposto. Eu atopei estoxos cheos de ouro e mesmo coroas de diamantes.
-WAU!!
-E iso non é nada. Outros piratas atoparon restos de barcos que se afundiaran antes da nosa existencia e iso vale moito máis ca todo o meu.. 
E isto é todo o que lles podemos contar de tan sinistra reunión porque todos saíron correndo. Case non tiven tempo de lles dar as grazas e desexarlles que non os volvesen enterrar. Penso que a broma non lles gustou moito. 
Fontes non de todo ben informadas comentaron que se dirixían a un oculto magosto na praza de María Pita con quen querían recordar vellos tempos.