jueves, 20 de septiembre de 2012

Comezo do curso 2012-2013

                Que lata! Hai que pasar outra vez polo aro                                                                                   Gallara, 2012

domingo, 2 de septiembre de 2012

Canta imaxinación!


                                                                                                                                                                   Cherry 88, curso 2011-12, 1º de ESO


O relato comeza o 20 de outubro de 2008.
Para min ese era un día moi especial porque ía ir ao cumpreanos da miña mellor amiga, Susana.
Susana é unha persoa de estatura media, co pelo louro e os ollos marróns. É simpática, lista e un pouco laretas -coma min-.
Despois de moito esperar a que chegara a hora, fun á súa casa para a celebración.
Chamei ao timbre, e a súa nai abriume a porta sen dúbidar quen era. Detrás dela estaba Susana, ¡que ledicia vela despois de tanto tempo! -en realidade só foi un día, pero tanto para ela coma para min unha eternidade-.
Cando chegaron o resto dos invitados, empezou a festa: merendamos, demos os agasallos e despois … ¡chegou a hora da torta! Era de galleta e chocolate, como a ela lle gustaba. Claro, para seguir a tradición, había que soprar as candeas e como non, pedir un desexo. Pensouno, soprou e … ¡poooooom! Todo mudou, a casa non era igual, as paredes xiraban ao meu redor. Nese momento apareceu un animal moi peculiar: un chihuahua. Para o noso abraio, o animal dixo:
- Estades noutra dimensión, se non o credes mirade ao voso redor.
Fomos ao salón: a tele tiña patas e, e... ¡a mesa estaba tomando café! Decidimos voltar á cociña, o chihuahua xa non estaba alí. Como era común en Susana, con tanto trafego mareouse e caeu desplomada no chan. De súpeto, todo volveu á realidade.
Creo que xa sei cal foi o seu desexo: ¡vivir na súa imaxinación!

                                                                                                                        Cherry 88, curso 2011-12, 1º de ESO

O gato Rastamary


                                                                          Rucholito, curso 2011-12, 1º de ESO


Érase unha vez unha gata que casou cun gato moi rico.
A gata nai chamábase Mary e o gato pai chamábase Guana. Mary e Guana tiveron un fillo. Aos dous días de nacer, o pai morreu de cirrose polo seu alcoholismo e este gatiño chamado Bob Marley Cat, quedou só coa nai.
A nai volveuse adicta ao cannabis e un día deulle unha calada ao seu fillo.
O fillo, puxo rastas e volveuse adicto fumador de cannabis. Escoitaba música reggae, cultivaba marihuana e tiña moitas cachimbas.
Un día fumou de máis e morreu nun blancón.
No funeral, pasaron pola rúa da Marihuana (Ámsterdan) e co olor da maría, resucitou.
De novo na vida, deixou de fumar, quitou as rastas, empezou a estudar ecoloxía e cambiou o reggae polo reggaetón.

                                                                                 Concomillas, curso 2011-12, 1º de ESO

Titonite pezoñenta


                                                                                                                                                      Peveloz, curso 2011-12, 1º de ESO

Isto era un día de outubro de 2011. Volvía do instituto cos meus amigos. Cheguei á miña casa e vin a toda a familia triste. Axiña descubrín que o meu chihuahua Thor estaba na súa cama. Miña nai díxome que levaba toda a mañá moi mal e que xa chamara ao veterinario e que viría pola tarde. Despois de comer chegou e dixo que tiña titonite pezoñenta.
Resulta que a titonite pezoñenta era unha enfermidade do corazón que tiñan os cans. O antídoto custaba moito diñeiro, así que cancelei as miñas actividades estraescolares e púxenme de empregado na librería de enfronte da miña casa. Nada máis saír do instituto ía á librería. Pero quedábame sen tempo para as tarefas do instituto. Así que deixei de ir ás clases para traballar tamén pola mañá. Gañaba moi poucos cartos. Acercábase o meu cumpreanos e eu estaba moi triste. Todo o que me regalaban cambiábao por diñeiro, pero non me chegaba nin á metade do precio do antídoto. Entón un día o meu padriño Carlos veu á miña casa de visita e viu que estaba moi disgustado, deume unha caixa pequena envolta cun papel de agasallo.
Abrino e, ¡alí estaba o antídoto! Díxome que era o meu regalo de “cumpre”. Deille o remedio a Thor e el curouse. De aí en diante a vida cambioume. Débolle unha ao meu padriño.

                                                                            Peveloz, curso 2011-12, 1º de ESO

Vaia susto!

                                                                                                                                                                   Magoro, curso 2011-12,1º de ESO

Un día normal -ou iso é o que el cría-, Xián levantouse, almorzou e foi ao colexio. Tiveron clases de naturais e falaron de razas de cans. Xusto despois tiñan inglés e leron contos de medo xa que faltaban poucos días para o Samaín. Logo, no recreo, empezaron a ulir un tufo que apestaba a varios quilómetros e de súpeto un berro afogado rompeu o silencio. Proviña da cafetería. Unha suor fría percorría cada recuncho da súa espalda. Afastándose do grupo, dirixiuse cara alí, pero foi en balde. Cando entrou, decatouse de que a xente tiña a cara branca coma o xeso, todo estaba revolto e en silencio pero de repente un segundo berro soou no corredor. Xián foi correndo aínda que o único que conseguiu ver foi unha fugaz aparición. Tremendamente intrigado seguiu correndo tras dela pensando que unha pantasma percorría o colexio, pero cando a acadou decatouse de que só era un pobre chihuahua enredado nunha saba branca e enchoupado cun líquido pegañento que cheiraba moito. Vaia susto!

                                                                                      Magoro, curso 2011-12, 1º de ESO

Pedazo can!

                                                                                                                                                                                                   Gallara, 2012




Xa hai tempo, coñecín unha familia moi especial. Vivían nunha vila lonxe do mar, nas montañas. Pero esta fantástica historia teño que comezala hai uns vinte anos. Esta familia constituíase de catro compoñentes: o pai, a nai, a filla duns sete anos se mal non recordo e o can. Adoraban a ese can tanto que mesmo lle poñían roupa. Era creo un chihuahua ou algo semellante. Un canciño diminuto co pelo curto de cor marrón e negra.
Ben, o caso é que ese can farto de tantas prendas, quería fuxir. Ao final de intentos e mais intentos, conseguiuno.
A familia toda preocupada, buscouno pola vila e mesmo noutras cidades, pero en balde.
Co paso do tempo o can foi sobrevivindo indo de cidade en cidade, comendo do lixo...
Quince anos despois os pais da nena morreron nun accidente. Ella, xa maior quedou soa e o incrible disto é que o can volveu á casa, como se quixese consolar a rapaza. Un ano despois o can morreu. E xustamente esa nena é a miña veciña Carmiña. Contoume esa historia cando fun por primeira vez á súa casa. A min encantoume e agora sinto moita pena polo can. Vou mercar un!

                                                                                                                  Sontrepador, curso 2011-12,1º de ESO