Gallara, 2012 |
Xa
hai tempo, coñecín unha familia moi especial. Vivían nunha vila
lonxe do mar, nas montañas. Pero esta fantástica historia teño que
comezala hai uns vinte anos. Esta familia constituíase de catro
compoñentes: o pai, a nai, a filla duns sete anos se mal non recordo
e o can. Adoraban a ese can tanto que mesmo lle poñían roupa. Era
creo un chihuahua ou algo semellante. Un canciño diminuto co pelo
curto de cor marrón e negra.
Ben,
o caso é que ese can farto de tantas prendas, quería fuxir. Ao
final de intentos e mais intentos, conseguiuno.
A
familia toda preocupada, buscouno pola vila e mesmo noutras cidades,
pero en balde.
Co
paso do tempo o can foi sobrevivindo indo de cidade en cidade,
comendo do lixo...
Quince
anos despois os pais da nena morreron nun accidente. Ella, xa maior
quedou soa e o incrible disto é que o can volveu á casa, como se
quixese consolar a rapaza. Un ano despois o can morreu. E xustamente
esa nena é a miña veciña Carmiña. Contoume esa historia cando fun
por primeira vez á súa casa. A min encantoume e agora sinto moita
pena polo can. Vou mercar un!
Sontrepador, curso 2011-12,1º de ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario