miércoles, 27 de junio de 2012

A vida sen un pai


                                                                                                   Doctora Coonan, curso 2011-12, 1º de ESO

En 1.960 naceu un neno e puxéronlle o nome de Xabier. Era de pelo negro, ollos castaños cunhas pestanas longas, a boca e o nariz pequenos. O rapaz era moi guapo. Ao cabo de dous anos, naceu unha nena chamada Elena.
Pasados outros anos, cando Xabier estaba no colexio, o seu pai, de nome Xoán, morreu dunha enfermidade do corazón.
A tía do rapaz foino buscar ao colexio e levouno á casa. A nai, ensinoulle o corpo morto do pai, xa que nesa época tíñanse os mortos na casa. O cura enterrou a Xoán no cemiterio de San Amaro.
Entón, Xabier comeza a ver a vida negra e con moita tristura. Sempre di: “Non me gustou o regalo de cumpreanos do meu pai”. Dicía isto porque o pai morrera tres días antes do seu aniversario.
Os anos pasan e Xabier vai esquecendo o sucedido.
Cando cumpriu os 48 anos, casou cunha muller chamada Mª Luisa. Ao pasar un ano tivo unha filla á que chamaron Marta.
Marta, un día atopou un chihuahua e así foi como Xabier, Mª Luísa e Marta viviron cun can que os quería e que estaba sempre ao seu carón. 

                                                                                      M. Portera, curso 2011-12, 1º de ESO 

A viaxe a Marte



                                                                                                         Hola, curso 2011-2012, 1º ESO
No ano 2042 cando os coches voan e os gatos e os cans se levan ben, a Nasa crea unha nave espacial que pode viaxar a Marte en 3 días e volver en dous con astronautas dentro.
Lois, o mellor astronauta da Nasa e mais Marcos e Martín, viaxarán a Marte.
Nun 31 de decembro, sae a nave. Ao chegar a Marte, comenzando a explorar, percátanse de que había pisadas como de gato, coma dalgún animal. Estas pisadas tiñan 3 dedos e distinguíanse catro patas. Seguiron as pisadas e chegaron a unha cova. Marcos exclamou:
-Dentro da cova, móvese algo!
De repente, da cova saiu un ser verde de catro patas e 3 dedos en cada unha delas.
Lois dixo:
-É o animal que seguiamos.
-Si, repondeu Martín.
Seguiron explorando ate chegar a un cráter. Dentro do cráter había ovos. Eran verdes a pintiñas laranxas.
Despois de andar e andar, deron con un camiño subterráneo. Entraron. O camiño estaba escuro e moi humido. Tiña unhas pedras vermellas e moi brillantes. Daba á cidade dos marcianos. Colleron un e levárono para a nave. Dous días despois chegaron á Terra e todo o mundo quedou abraiado polo seu descubrimento.

                                                                                          Astronoutro, curso 2011-12,1º de ESO

Amores empapelados

                                                                                                                                                      Violistaloka, curso 2011-2012, 1º de ESO
Esta gran historia comeza no 1802, na estación máis colorida e bonita e nunha mañá bochornosa.
Alejandra Darrons, pertencente a unha familia de medio poderío inglés, paseaba pola campiña co seu pequeño e raro acompañante, Charles, un chihuahua traído polo seu finado pai dende América nunha viaxe de negocios. Ela está comprometida co señor de Bourght (pertencente á familia de Bought) e a súa irmá estao co señor Vingley. Á hora de xantar, unha carta de Rosells Park chegou comunicando o desexo dos seus prometidos de cear na súa mansión. Pídenlle á nai a carruaxe, pero a nai négase e failles ir camiñando e a cabalo co seu can. Ao chegar, cean e quédanse a pasar a noite por mor dunha inesperada choiva. Ao día seguinte vén a nai a Rosells Park. Cando ía partir, nun aparte, os homes dixeron:
-Señora, volte mañá coas nenas (e co can), moi arregladas porque queremos casar.
A nai marchou chorando de felicidade. Despois de moito tempo intentando casar as fillas...agora por fin conseguírao.

                                                               Augamariña, curso 2011-12, 1º de ESO

O asasinato da estranxeira



                                                     Naron Axxa, curso 2011-12,1º de ESO

Unha axente de policía, Olivia, recibiu o seu caso máis estraño cando lle dixeron que tiña que investigar o asasinato dunha muller “viva”.
Olivia e o seu compañeiro, Jack, chegaron ao pobo onde se cometeu o asasinato, Midvale. Era un lugar moi bonito, situado entre dúas colinas, na fronteira entre Estados Unidos e Canadá.
Xa no lugar do crime, quedou abraiada polas condicións do cadáver. Pasaran catro días desde o asasinato, pero o corpo estaba perfectamente conservado. Olivia viu marcas de xiringas nos brazos. Sen embargo, o máis estraño era que a mesma persoa que fora asasinada, Arina Tanemura, de orixe xaponés, estaba viva e na súa casa de Midvale. Ela e o cadáver eran idénticas.
Olivia e Jack visitaron a Arina. Ao chamar ó timbre ladroulles o Chihuahua da muller, Packman. Despois de falar un anaco, chegaron á conclusión de que probablemente a asasinada fora a xemelga de Arina, pero, de súpeto, todos viron unha gran luz e foron transportados a unha especie de centro de investigación.
Alí, puideron ver a unhas persoas con traxes anti-radiación antes de durmirse debido a un somnífero que había no aire. Cando espertaron, estaban nun laboratorio. Nel había un home vello que lles dixo que se encontraban noutro universo máis adiantado tecnoloxicamente e que a muller que atoparon morta era a versión de Arina dese universo. Dixéronlles que Arina morreu debido a uns experimentos e transportáron o seu corpo ao noso mundo. Uns días despois leváronos a eles ao centro de investigación para explicarlles o que aconteceu, e comezar a comunicarse con nós. Entón abriron un portal interdimensional entre ambos mundos para poder vivir en paz. Olivia, Jack e Arina, xunto con Packman, cruzaron o portal agardando unha nova época de paz entre dous universos paralelos.

                                                         Naron Axxa, curso 2011-12,1º de ESO

O misterio do gato dourado


                    Casa onde se atopou o fragmento que se reproduce                                                          Sontrepador 2011-2012
[........]
-Seclogon, está seguro disto?
-Claro. Desafiáronnos. Recibimos unha carta na que di: “Querido Seclogon, oín que todo o mundo fala de vostede. Seguro que será quen de descubrir o misterioso roubo do gato de ouro”.
Guasón, aceptaremos claro está.
-Xa chegamos á mansión Laring. Entremos.
-Benvidos señores. Eu son a doutora Anna e estes son os meus fillos, o psicólogo Raul, a peiteadora Lama e o meu marido Enrique.
-Señora, poderíanos dicir qué ocorre.
-Claro. Roubáronnos o gato de ouro que decoraba a nosa mansión. A pasada noite, un ruído despertounos. Cando fomos á sala, o gato non estaba.
-Quen é ese mozo das escaleiras?
-O meu fillo Antón. Sen traballo e endebedado ate as cellas.
-Grazas nai. Son un gran seguidor dos señores Seclogon e Guasón.
-Podemos ver a escena do crime?
-Claro. É a porta da dereita.
-Mira Guasón, unha pegada na fiestra. O culpable debeu fuxir por aí. Tamén hai unha carta. Está en inglés.
-Seclogon, xa sabes quen foi?
-Guasón, reúneos a todos no comedor.
-Señor Seclogon, seguro que xa sabe vostede quen foi? Seguro que foi o meu fillo Antón.
-Por que eu? Vostede, madre, tamén ten débedas!
-Non foi el. Quixo acusalo pero el non puido ser. El non sabe inglés.
-Entón foi a miña filla.
-Non foi ela. O culpable quixo acusala pero ela tampouco sabe inglés.
-É certo. Nunca aprendín.
-O culpable é o seu marido Enrique.
-É certo. O gato dourado está no meu cuarto.
-Por que padre?
-Pola indemnización. O gato está asegurado. Como o soubo Seclogon?
-Porque vostede ten un nome de orixe xermánica, pero tamén sabe inglés, e latín...pero o seu xeito de falar delatouno. A carta que recibimos poñía “o gato dourado”. Vostede é o único que lle chama así. Os demais falan do gato de ouro.
Á media hora, chegou a policía e detivo ao señor Enrique.

                                                                 Doild, curso 2011-12, 1º de ESO


martes, 26 de junio de 2012

O gato negro


                                                                                                                                                                                        Gallara, 2012

Érase unha vez unha señora que vivía nunha casa moi alonxada da cidade. Ela era moi maior e tiña un gato negro que dicían daba mala sorte.
Os veciños da cidade querían matar o gato e por iso todos os días ían á súa casa.
A señora xa farta disto decidiuse por acabar matando o gato porque lle estaba traendo moitos problemas.
A maña do 10 de decembro arreglouse para ir á cidade ao veterinario e matar ao gato. Cando o mataron, ela saíu moi triste.
Xa na casa, rematou por non volver ver nunca máis a luz do día porque todo lle traía recordos do seu querido gato.
                                                               G. Dominicana, Curso 2011-12,1º de ESO

sábado, 2 de junio de 2012

Un día de choiva

                                                                                                                                                                                                   Gallara, 2012


Era un día de choiva e de néboa. Unha señora vella paseaba pola praza da súa vila.
Ela vivía soa e desconsolada e quería a alguén que a acompañase para non se aburrir. A súa casa era moi grande. Chamábase Carmen e tiña os ollos castaños e o seu animal preferido eran os gatos.
Ao día seguinte do paseo a vella señora ía de novo pola rúa e atopouse cun gato que lle chamou moito a atención .
Levouno para a casa e desde entón está sempre feliz e acompañada por un gato negro que se volve branco día cando alguén lle porfía e a vella o acariña.

                                                                                                       Bisbita Alegre, curso 2011-12,1º de ESO