miércoles, 20 de marzo de 2013

Hai un ovo de Pascua para ti



  • Neste niño hai cinco coloridos ovos de Pascua.
  • Todos teñen algo dentro.

  • O contido dun deles pode ser teu.

  • Elixe unha cor e escribe un texto xustificando a túa elección. O último  día para participar é o 30 de abril.

  • O texto estará en correcto galego e terá unhas 150 palabras como mínimo.

     



miércoles, 13 de marzo de 2013

A lingua das bolboretas

Velaquí tedes un libro que podedes encontrar na nosa biblioteca.

Contén un relato incluído orixinalmente na obra  Que me queres, amor? de Manuel Rivas.

Leva unhas preciosas ilustracións de Miguelanxo Prado.
A historia que conta, conseguirá emocionarvos.

A emoción dará paso á reflexión.



















                   José Luis Cuerda fixo unha  película
  Premio Goya  ao mellor guión adaptado no ano 1999