miércoles, 17 de abril de 2013

Po de estrelas

Sabías que o sol irá apagándose pouco a pouco ate convertirse en cinza?
Queres chegar a vello co corazón dun rapaz de 20?
As bólas da lotería, teñen memoria?
A resposta a estas e moitas outras curiosidades científicas podes atopa-la neste libro. Están contadas con claridade, sinxeleza e de maneira amena.Tamén nos proporciona unha morea de fabulosos enlaces para poder consultar na Internet.

Xogas á lotería? A túa páxina é a 149


Mira esta trampa das formigas Allomeru para atrapar animais máis grandes.

Estas formigas galegas, matarían ou atoparían morto o saltón?