domingo, 19 de agosto de 2012

A porta cara a escuridade


                                                                                                                                                       N. Mía, curso 2011-12, 1º de ESO

No ano 1970 en Suiza (Biel), Charlote, unha nena de 9 anos e o seu irmán Paul estaban a noite do sábado xogando. Cando remataron, Charlote e Paul, foron ás súas camas. Na habitación de Charlote, ela estaba co seu chihuahua pasando o tempo. Cando estaban a punto de se durmir, Charlote oiu un ruído. Rapidamente colleu a Paul e foi á habitación dos seus pais: Jean e Brigitte, e eles dixeron:
-Paul, Charlote, por que estades aquí?
-Oímos uns ruídos.
-Non digades parvadas. Veña, marchade para a cama.
-Vale.
Na cama Charlote e Paul volveron oír os ruídos e presentiron unha sombra. Cando se acercou, Charlote viu que a sombra era...o seu chihuahua! Entón desde esa noite Charlote e Paul durmiron tranquilos. 

                                                                                               N. Mía, curso 2011-12, 1º de ESO 

viernes, 3 de agosto de 2012

O chihuahua abandonado

                                                                 Sifaka, curso 2011-12, 1º de ESO

Había unha parella que se foi se vacacións a unha casa en New York. Ían cos seus fillos, Clara e José e co seu chihuahua chamado Toby.
Un día, estaban no salón da casa e de repente o chihuahua empezou a ladrar como louco. O pai dos fillos, cuxo nome era Pedro, intentou calalo, pero non paraba de ladrar. Entón, colleuno da orella e sacouno da casa, pero o chihuahua non paraba de ladrar. Pedro dixo “xa estou canso, o chihuahua á rúa”. Colleu aos fillos e ao chihuahua e subiuse ao coche. Cando Pedro saiu da cidade na que estaban e os levou a unha rúa moi solitaria, parou no medio, sacou o chihuahua do coche e díxolles aos fillos: “despídanse del porque será a última vez que o volvan ver” Despois subiuse ao coche déixando ao chihuahua abandonado no medio da rúa.
Clara e José asomaronse pola ventá dicindo adeus coa man.


                                                                      K. Sorrinte, curso 2011-12, 1º de ESO

O neno que non podía falar


                                                                                                                                                             R. Amero, curso 2011-12, 1º de ESO

Pedro era un neno que non podía falar. Os pais estaban moi tristes por el.
Decidiron facerlle una operación que podía devolverlle a voz ou facer que a perdese para sempre.
Despois do postoperatorio, o neno intentaba falar e non era capaz.
Os pais viron que estaba moi triste e regaláronlle un chihuahua. .
Os médicos dixeron que non volvería falar nunca máis pero misteriosamente un día dixo: “chiwuawua”. Foi o principio dun longo e durísimo proceso de recuperación.

                                                                          Thexadox, curso 2011-12, 1º de ESO