viernes, 21 de noviembre de 2014

Biblioxogo, libro 1

Este é o 1º libro encontrado. Ánimo! Quedan moitas posibilidades para sumar puntos. Non vos esquezades de ningunha das fontes onde podedes investigar. Se tedes dúbidas, sempre haberá algún profe na Biblioteca que poda asesorar. 

miércoles, 29 de octubre de 2014

De santos e de defuntos


Lendo as bases do próximo BiblioXogo


 O esqueleto e o médico

Nunha vila mariñeira había un médico solteiro que vivía coa súa irmá nunha casa antiga. O doutor estaba moi interesado polo estudo da anatomía. Por esa razón, e coa axuda do enterrador local, fixérase cun esqueleto completo. E pasaba moitas horas encerrado no seu consultorio estudando aqueles ósos.
Unha tarde, anos despois, ó pasar por diante da porta do consultorio, a irmá do médico oíu  o ruído dun corpo que caía. Entrou e viu a seu irmán tumbado no piso, sen coñecemento. Coa axuda duns vecinos meteuno na cama.

Ó recobra-lo sentido, o médico, con voz apagada, explicou que, cando estaba examinando o esqueleto, este levantara o brazo e lle zorregara unha labazada tremenda. Na súa meixela aparecían, en efecto, as pegadas dos cinco dedos.

O doutor ordenou enterrar inmediatamente o esqueleto en terra sagrada. Logo perdeu de novo o coñecemento. Morreu ó día seguinte.

                                                                                            Aparicións e santa compaña
                                                                                                Xosé Mariño Ferro
                                                                                                  Edicións do Cumio

jueves, 5 de junio de 2014

En busca del libro perdido. Puntuación final

Bo para comer
O xogo chegou ao seu fin. Temos un concursante con 10 puntos e outro con 9 puntos. Os  números 447 e 18 estiveron pescudando perseverantes do primeiro ao último libro. Os dous teñen un gran mérito. Parabéns de todos os membros do equipo de profesores da  biblioteca que ao longo do curso seguimos con grande espectación a participación de todos vós.
Haberá unha entrega de premios en breve e o curso que vén, máis concurso.
No recuncho da biblioteca tedes a lista definitiva de puntuacións. Un bo remate de curso para todos!

martes, 25 de marzo de 2014

En busca del libro perdido

Las aves de Ana Gerhard pasaron o ecuador do noso xogo. De focas daltónicas y alces borrachos, 6º libro, foi encontrado non sen traballo, mais xa está disponible na biblioteca para quen queira disfrutar da  lectura deste interesantísimo libro de Jörg Zittlau.





                                                                                        

viernes, 28 de febrero de 2014

En busca del libro perdido

A última pista xa está sobre a mesa , esperamos que sigades xogando.
Bo entroido , agardámosvos á volta.

jueves, 6 de febrero de 2014

En busca del libro perdido. Libro nº 3 encontrado







No recuncho da biblioteca tedes a lista de acertantes. 
Imos xa pola pista nº 2 do 4º libro. 
Hai un estupendo premio agardando por alguén.
Ánimo e a puntuar!

miércoles, 8 de enero de 2014

En busca del libro perdido. Libro encontrado!

No taboleiro da biblioteca, tedes a lista de lectores que deron co libro. Está tamén a 1ª pista do 2º libro perdido. Quen queira pode incorporarse ó xogo aínda que non buscase o 1º.