Un
día ía pola rúa un gato misterioso cunhas botas de coiro, cunha
chaqueta de botóns e cun sombreiro que lle tapaba parte do rostro,
facíase chamar Willian.
Willian
mercou o xornal para ver se había algunha noticia que lle interesase
e encontrou unha que lle chamou a atención. Dicía: “Roubo no
museo de reliquias antigas. Levaron a coroa de diamantes”.
Willian
interesado, foi ao museo investigar ese caso. Os policías
dixéronlle que o museo estaba pechado por problemas conxunturais.
Entón Willian comezou a pensar que o ladrón podía ser alguén do
propio museo.
Entre
os sospeitosos estaban: o dono, o bedel e a guía do museo.
Willian
descartou ao propietario do museo, porque para qué ía roubar o
dono unha coroa que pertence ao seu museo?
A
guía tamén se descartou, porque non estaba no museo no momento no
que ocurriu o roubo. E só quedaba o bedel como sospeitoso. Parecía
estar nervioso, porque sabíase o único culpable aínda que tiña
unha coartada perfecta para disimular o roubo da coroa de diamantes.
Estaba
tan nervioso e tan preocupado por se o delataban que confesou que a
roubara. A policía encarcelouno e a coroa volveu estar no sitio do
museo que lle correspondía e máis protexida ca nunca.
O
misterioso gato seguiu patrullando pola cidade.
Chino,
curso 2011-2012,1º de ESO