miércoles, 27 de junio de 2012

O asasinato da estranxeira



                                                     Naron Axxa, curso 2011-12,1º de ESO

Unha axente de policía, Olivia, recibiu o seu caso máis estraño cando lle dixeron que tiña que investigar o asasinato dunha muller “viva”.
Olivia e o seu compañeiro, Jack, chegaron ao pobo onde se cometeu o asasinato, Midvale. Era un lugar moi bonito, situado entre dúas colinas, na fronteira entre Estados Unidos e Canadá.
Xa no lugar do crime, quedou abraiada polas condicións do cadáver. Pasaran catro días desde o asasinato, pero o corpo estaba perfectamente conservado. Olivia viu marcas de xiringas nos brazos. Sen embargo, o máis estraño era que a mesma persoa que fora asasinada, Arina Tanemura, de orixe xaponés, estaba viva e na súa casa de Midvale. Ela e o cadáver eran idénticas.
Olivia e Jack visitaron a Arina. Ao chamar ó timbre ladroulles o Chihuahua da muller, Packman. Despois de falar un anaco, chegaron á conclusión de que probablemente a asasinada fora a xemelga de Arina, pero, de súpeto, todos viron unha gran luz e foron transportados a unha especie de centro de investigación.
Alí, puideron ver a unhas persoas con traxes anti-radiación antes de durmirse debido a un somnífero que había no aire. Cando espertaron, estaban nun laboratorio. Nel había un home vello que lles dixo que se encontraban noutro universo máis adiantado tecnoloxicamente e que a muller que atoparon morta era a versión de Arina dese universo. Dixéronlles que Arina morreu debido a uns experimentos e transportáron o seu corpo ao noso mundo. Uns días despois leváronos a eles ao centro de investigación para explicarlles o que aconteceu, e comezar a comunicarse con nós. Entón abriron un portal interdimensional entre ambos mundos para poder vivir en paz. Olivia, Jack e Arina, xunto con Packman, cruzaron o portal agardando unha nova época de paz entre dous universos paralelos.

                                                         Naron Axxa, curso 2011-12,1º de ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario