domingo, 2 de septiembre de 2012

Canta imaxinación!


                                                                                                                                                                   Cherry 88, curso 2011-12, 1º de ESO


O relato comeza o 20 de outubro de 2008.
Para min ese era un día moi especial porque ía ir ao cumpreanos da miña mellor amiga, Susana.
Susana é unha persoa de estatura media, co pelo louro e os ollos marróns. É simpática, lista e un pouco laretas -coma min-.
Despois de moito esperar a que chegara a hora, fun á súa casa para a celebración.
Chamei ao timbre, e a súa nai abriume a porta sen dúbidar quen era. Detrás dela estaba Susana, ¡que ledicia vela despois de tanto tempo! -en realidade só foi un día, pero tanto para ela coma para min unha eternidade-.
Cando chegaron o resto dos invitados, empezou a festa: merendamos, demos os agasallos e despois … ¡chegou a hora da torta! Era de galleta e chocolate, como a ela lle gustaba. Claro, para seguir a tradición, había que soprar as candeas e como non, pedir un desexo. Pensouno, soprou e … ¡poooooom! Todo mudou, a casa non era igual, as paredes xiraban ao meu redor. Nese momento apareceu un animal moi peculiar: un chihuahua. Para o noso abraio, o animal dixo:
- Estades noutra dimensión, se non o credes mirade ao voso redor.
Fomos ao salón: a tele tiña patas e, e... ¡a mesa estaba tomando café! Decidimos voltar á cociña, o chihuahua xa non estaba alí. Como era común en Susana, con tanto trafego mareouse e caeu desplomada no chan. De súpeto, todo volveu á realidade.
Creo que xa sei cal foi o seu desexo: ¡vivir na súa imaxinación!

                                                                                                                        Cherry 88, curso 2011-12, 1º de ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario