Gallara, 2012 |
Érase
unha vez un neno chamado Frank que vivía coa súa tía porque os
seus pais morreran. A súa tía non lle deixaba facer nada divertido
ou entretido. Dicía que era de burros.
Un
día Frank foi ao parque para recoller un paraugas que esquecera alí.
De súpeto, comezou a chover e o neno non o atopaba e para protexerse
da choiva agachouse nunhas matogueiras. De repente do medio delas
apareceu un gato con pinta de ter frío e fame.
Frank,
como non quería deixar alí o gato, levouno para súa casa e
coidouno ata que un día dixo:
-Como
es un bo neno, concédoche un desexo.
O
neno pediu revivir os seus pais e dende entón viviu feliz para
sempre e á súa tía como o tratara tan mal, o gato convertiuna en
rato.
Kaki, curso 2011-12, 1º de ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario