Un ano máis, celebramos o Día das
Letras Galegas. Este é un día no que os galegos lembramos e
agasallamos, en forma de recoñecemento, a aqueles persoeiros que
destacaron pola súa contribución á lingua e á cultura galega. No
presente ano conmemoramos o 175º aniversario do nacemento de
Rosalía de Castro e cómpre salientar que foi ela quen inaugurou
esta celebración das Letras Galegas no 1963 cando se cumplían os 100
anos da publicación de Cantares Gallegos.
Neste 2012 homenaxeamos ao polifacético escritor galeguista
Valentín Paz-Andrade.
De Valentín Paz- Andrade podedes atopar
na nosa biblioteca unha edición da súa coñecida obra Pranto Matricial que o autor publicara no 1955 in memorian de Castelao falecido en Buenos Aires no 1950. Esta que nós temos é do 1975, pentalingüe (galego,
portugués, eusquera, catalá e castelán) e publicada con motivo do 25 cabodano de Castelao autor de quen Valentín Paz-Andrade foi amigo e colaborador. Ten prólogo de Rafael Dieste.
CANDO TI VOLVAS...
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dend-a Torre d'Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
...
CUANDO VOLTARES...
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que desde a Torre de Hércules ao Minho,
um facho acenderá en cada ilha,
cuando voltares pelo mar;
...
ITZULICO HAICENEAN...
UMA-ONCI BAT DEN ETA HEUREA DUEN GALICIAN
pharo bat biztuco da isla bederan,
No hay comentarios:
Publicar un comentario